domingo, 17 de mayo de 2009

Día das Letras Galegas

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. A data escolleuse por coincidir coa publicación da primeira obra maestra da literatura galega contemporánea: Cantares Gallegos de Rosalía de Castro (17 de maio de 1863). A Festa ten lugar dende 1963 e cada ano dedícase a un escritor xa desaparecido, sendo os tres primeiros homenaxeados Rosalía de Castro, Alfonso R. Castelao e Eduardo Pondal. Este ano o escollido é Ramón Piñeiro, filósofo, ensaísta e político lucense.
.
Sendo a Literatura unha das máximas expresións dunha cultura, a celebración pretende recoller “o latexo material da actividade intelectual galega”
.
Eu, como gusto de ir por libre, quero festexar este Día cun poema do poeta de Rianxo, Manuel Antonio (1900-1930):

Encol d’unha hora de paisaxe (1923)

O Poente
era unha hora de violedas
ferida de lanzas d’ouro.
Os pasos d’a sombra
xa petan preto d’as astraes
fenestras de vidros d’ouro.
Os vieiros
metidos
en longas cóbregas
comenzan a buscar o seu burato.
Van a romper os montes a galope
N-o canto d’a Lua
pintado de branco
hai un burato.
Teño sede de versos
A fontela corrixe as erratas
d’o seu poema.
N-o poente de mañán
con fíos e adoas d’auga
fun enfiando outro poema.
(O Poente
era unha hora de violedas
feridas con lanzas d’ouro)
Atopei un Alquimista
que quería facer terra
e non tiña mais que ouro...

5 comentarios:

Josefina dijo...

Que no termine el día sin decirte que me ha gustado mucho el poema y he buscado más de Manuel Antonio, poeta del mar. Permíteme que también le rinda homenaje así, por libre,

SÓS

Fomos ficando sós
o Mar o barco e mais nós

Roubáronnos o Sol
O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco

Roubáronnos o vento
Aquel veleiro que se evadeu
pola corda floxa d' o horizonte

Este oucéano destracou d' as costas
e os ventos d' a Roseta
ouretáronse ao esquenzo

As nosas soedades
veñen de tan lonxe
como as horas d' o reloxe

Pero tamén sabemos a maniobra
d' os navíos que fondean
a sotavento d’ unha singradura

N' o cuadrante estantío d' as estrelas
ficou parada esta hora:
O cadavre d' o Mar
fixo d' o barco un cadaleito

Fume de pipa Saudade
Noite Silenzo Frío
E ficamos nós sós
sin o Mar e sin o barco
nós.
..................

Gracias

Allau dijo...

Hombre, Barbebleue, ya me gusta que te descuelgues en gallego. Pero no hace falta que sea una vez al año, ya estaría bien que lo frecuentaras más, que en tu tierra sois un poquillo disglósicos ;p

pilar dijo...

de momento Allau, tranqui, espera a mañana que me compre un diccionario galego-español.

Besos y felicidades a las letras galegas

Esdedesear dijo...

As loitas alleas fixeron en moitos de nós estragos tales que as celebracións duns ou doutros seméllanseme nos seus "interesados" significados. Non me estrana que vaias por libre.
O sentimento do pobo na miña infancia, por non politizado, era mais auténtico aínda que supuxera estar cheo de complexos e victimismos. Teño morriña daqueles tempos. Un saludo "entre nos"

Barbebleue dijo...

Allau, más bien por aquí somos disléxicos. A fala está na rúa.

Grazas, Josefina, por tu siempre acertado grano de arena, en este caso gota de mar.

Pilar, no compres nada, te lo traduciré yo todo.

A cultura no se pode impoñer, Conchita, e moito menos estragala na area política.