Cada ano adícase esta festividade a un escritor na nosa lingua: sendo desta volta Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985) o homenaxeado.
OS ÁCIOS
¿Cánto dera eu agora por un ácio
daqueles que collíamos a furto
das parras encostadas
nas roíñas de Dona Mariquita!
Ácios de uvas douradas, brancas, mouras,
ateigadas de zumes e lembranzas,
que unha man silandeira
-a man do tempo-
nos puña cada outono diante os ollos
abertos á cobiza. ¡Ai, Deus, quén dera!
Qué dera agora, niste van pechado,
onde morren os libros
un pouco a cada intre no meu peito,
un ácio... Ben sabedes: ¡unha pinga
de terra feita mel, de terra terra,
nos beizos apertados dun neniño!
E tornar a sentir a leda anguria
aquila que nos daba, cando a noite
viña pousando amodo,
con fuxidías sombras de paxaros,
nas roíñas de Dona Mariquita.
(Isto estóu a querer, mentres cavilo
nun cativo que durme
xa pra sempre perdido no meu peito.)
¡Cánto dera eu agora por un ácio
que me levase cara o tempo morto!.
- Canle segredo (1954)
- Roseira do teu mencer (1950)
3 comentarios:
Unha noite na eira do trigo.
Unha noite indecisa, doce, asustada, arraigada, acovardada, melancólica, desprestixiada, inmóbil, tranquila, erma.
Unha noite verde escuro case negro.
A noite dos tempos.
Borraron, crearon o baleiro máis non a nada.
Non atoparedes á divina grandiosidade dos heroes helenos. Amarelo polo sol e vermello polo sangue.... aquí ocultámolo rostro trala choiva incesante de Santiago e preferimos azul coma o río.
Alfonso era sabio e xa o sabía.
Ondas do mar de Vigo, se vistes ó meu xenio, ó meu amigo, dicídelle que non marchei.
...loceiros degolados
desángranse de ouro no Mar
De par de nós
.....................a Lúa
fai ronseles infecundos
...Mentras sonea a mareta
vai folleando no libro das velas
...Irredentos velamios exhaustos
resiñados a pendurar da cruz
...Estrelas inconscentes
mecanizan o ouseso tic-tac
A auga toda dos oucéanos
ensumeuse nunha bágoa
...E o pano branco do novo día
enxugará os ollos do ceo.
(Manuel Antonio, Ao reverso da noite)
Ooooooooooooh que maravilla Barbebleue.
Felicidades por la jornada y si de vez en cuando nos dejas algo en galego, se agradecerá.
Felicidades por la jornada cultural. Las fiestas así hay que celebrarlas, y si se aprovecha para defender lo minoritario, siempre en peligro, doble motivo de celebración.
Publicar un comentario