Seis Canciones de Mar "in modo antico" (1941)
1
Porque
non seca a morte a fonte das cantigas
eu
vos chamo, segreles, que veñades cantar
onde
os verdes loureiros gardan vellas ermidas,
cabo
das sabias ondas sulcadas do luar,
das
insuas da ribeira nun antigo lugar,
¡San
Cremenço do mar!
Porque
non tolla o frío o albre dos cantares
eu
vos digo, rapazas, que vaiades bailar
onde
os gayos loureiros quecen fríos fogares,
cabo
das tolas ondas, cando o sol vai raiar,
das
insuas da ribeira no máis ledo lugar,
¡San
Cremenço do mar!
2 comentarios:
parece música¡
felices Letras Galegas¡
bicos
... de hecho las han "musicado"!
bicos
Publicar un comentario