deseño: Ezequiel Alonso Valcárcel
Nimbos
Se é que o
poema é só un nimbo de lus
que os
ollos cegos póñenlles ás cousas
soñadas, ou
amadas nas teebras,
das cousas
que xa foron e se foron
pro siguen
sendo e non se van xa máis,
das sombras
que, xogando cos meus ollos,
na miña vida en lume se enxeriron,
eu deixo
eiquí os nimbos, coma cinza
de rosas que onte encheron de perfume
o mundo, morto xove, dalgún soño.
Xosé María Díaz Castro, poeta
Día das Letras Galegas 2014
2 comentarios:
Bicos
Unha aperta
Publicar un comentario